lunes, 4 de diciembre de 2017

BOLETINES 04/12/2017



DOG                                             Descripción: dog                                                         
04/12/2017
CONCELLO DE LUGO
ANUNCIO de convocatoria dunha praza de enxeñeiro técnico agrícola, persoal funcionario, quenda de promoción interna.
No BOP de Lugo número 256, do 7 de novembro de 2014, publicáronse integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda de promoción interna.
No BOP de Lugo número 189, do 18 de agosto de 2017, publicouse o Decreto nº 17007052, do 3 de agosto de 2017, relativo á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte proceso selectivo:
Persoal funcionario (quenda promoción interna).
1 praza de enxeñeiro/a técnico/a agrícola; escala de Administración especial; subescala técnica; clase técnico medio; grupo de titulación A, subgrupo A2. Sistema selectivo: concurso-oposición.
(A dita resolución foi modificada polo Decreto nº 17007901, do 12 de setembro de 2017, publicado no BOP de Lugo número 221, do 25 de setembro).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

CONSELLERÍA DE FACENDA
RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
O tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 246, do 27 de decembro), en sesión celebrada o día 28 de novembro de 2017
ACORDOU:
Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Segundo. De conformidade co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha cualificación de apto.
Terceiro. Consonte co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido nas bases II.1.1.4 e II.1.1.5 da convocatoria, os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinal ou fotocopia compulsada):
– De estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).
– De estar en posesión do certificado de suficiencia de mariñeiro de ponte da mariña mercante ou o título de mariñeiro de ponte da mariña mercante.
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017



BOE                                                          Descripción: boe  
04/12/2017
MINISTERIO DE JUSTICIA Destinos
Orden JUS/1175/2017, de 22 de noviembre, por la que se resuelve el concurso convocado por Orden JUS/639/2017, de 27 de junio, en el Instituto Nacional de Toxicología y Ciencias Forenses. PDF (BOE-A-2017-14175 - 3 págs. - 204 KB)  Otros formatos

CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Carreras Judicial y Fiscal
Corrección de errores del Acuerdo de 8 de noviembre de 2017, de la Comisión de Selección prevista en el artículo 305 de la Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial, por el que se publica la relación definitiva de aspirantes que han superado el primer ejercicio del proceso selectivo convocado por Acuerdo de 10 de julio de 2017 y se dispone lo necesario para que dé comienzo el segundo ejercicio. PDF (BOE-A-2017-14195 - 1 pág. - 153 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario