martes, 18 de agosto de 2015

CONVOCATORIA PRAZA AUXILIAR DE POLICÍA DO CONCELLO DE O ROSAL

CONVOCATORIA PRAZA AUXILIAR DE POLICÍA DO  CONCELLO DE O ROSAL
Mediante resolución da Alcaldía do día de 6 de agosto de 2015 acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral temporal para a realización de tarefas de AUXILIAR DE POLICÍA LOCAL, a xornada completa, dende o remate do proceso de selección e ata final de ano.
Pola presente ábrese un prazo de sete días naturais a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da presente convocatoria no taboleiro de anuncios do concello, nun dos xornais de maior tirada de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes dirixiranse ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello do Rosal, e se presentarán no Rexistro de entrada deste concello ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, no prazo indicado, que se computará dende a publicación do derradeiro dos anuncios anteriormente citados. As bases están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina www.concellodorosal.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario