viernes, 28 de agosto de 2015

BOLETINES 28/08/2015

BOP PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
28/08/2015
CONCELLO DE PONTEVEDRA           
APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL
Expediente: Modificación do cadro de persoal do Concello de Pontevedra.
Trámite: Anuncio elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial.
O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión de 20.07.2015, aprobou inicialmente a modificación do Cadro de Persoal do Concello de Pontevedra e dos seus organismo autónomos, quedando da forma que se indica no anexo III do referido acordo.
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 143, de data 28.07.2015, publicouse o anuncio de exposición ao público, non presentándose reclamacións durante o prazo conferido ao efecto, polo que se entende elevada a definitiva a aprobación inicial, entrando en vigor logo da presente publicación, tal e como se sinalaba no anuncio previo de exposición pública. Isto de conformidade co establecido nos artigos 169 do RDL 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais; 20 do RD 500/1990, de 20 de abril; e 90 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local.
Xa que logo, procédese á publicación do Cadro de Persoal modificado:

CONCELLO DE POIO
APROBACIÓN DEFINITIVA BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO
Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 28 de xullo de 2015, a modificación da Base 51ª, 53.2ª e 54ª das Bases de Execución do Orzamento do ano 2015, o que se someteu a información pública durante o prazo de 15 dias hábiles mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia nº148 de 4 de agosto de 2015, e durante este prazo non se presentou ningunha reclamación ou alegación en contra do mesmo, polo que de conformidade co establecido no artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobada por RDL 2/2004, de 5 de marzo, a devandita modificación queda aprobada definitivamente na forma que consta no expediente.

CONCELLO DE  PONTEAREAS
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DUN ARQUITECTO TÉCNICO/APARELLADOR
A Xunta de Goberno Local en sesión do 03-08-15 acordou:
— Aprobar as Bases de Selección para a contratación dun Arquitecto Técnico/Aparellador, a xornada completa e mediante un contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado cuxo obxeto é a tramitación de expedientes derivados de solicitudes de incursión na situación legal de fora de ordenación total, polo prazo de un (1) ano.
— Ábrese a convocatoria correspondente ás bases aprobadas no apartado anterior concedendo un prazo de dez (10) días naturais,contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra, para que os interesados poidan presentar as súas solicitudes a través do rexistro xeral do Concello de Ponteareas ou en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92,de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

CONCELLO DE VILABOA
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2015
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 26 de agosto de 2015 o Orzamento Xeral para o exercicio económico 2015 e a plantilla do persoal para dito ejercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do R.D. legislativo 2/2004, do 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público, por prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes ante o Pleno.
O Orzamento consideraráse definitivamente aprobado se, durante o indicado período, non se presentan reclamacións, de conformidad eco artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación co 20.1 do Real Decreto 500/1990.
No caso contrario, o Pleno disporá dun mes para resolvelas, contado a partires do seguinte á finalización da exposición ao público.
As reclamacións consideraránse denegadas, en calquera caso, se non se resolven no acto de aprobación definitiva.
BOE                             Descripción: boe    
28/08/2015
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE Cuerpo de Catedráticos de Música y Artes Escénicas
Orden ECD/1752/2015, de 25 de agosto, por la que se aprueban los temarios que han de regir en los procedimientos de ingreso, acceso y adquisición de nuevas especialidades en el Cuerpo de Catedráticos de Música y Artes Escénicas en las especialidades vinculadas a las enseñanzas de música y de danza. PDF (BOE-A-2015-9452 - 149 págs. - 4.271 KB)  Otros formatos

Cuerpo de Profesores de Música y Artes Escénicas
Orden ECD/1753/2015, de 25 de agosto, por la que se aprueban los temarios que han de regir en los procedimientos de ingreso, acceso y adquisición de nuevas especialidades en el Cuerpo de Profesores de Música y Artes Escénicas en las especialidades vinculadas a las enseñanzas de música y de danza.PDF (BOE-A-2015-9453 - 83 págs. - 1.636 KB)  Otros formatos
DOG                              Descripción: dog
28/08/2015
Academia Galega de Seguridade Pública






No hay comentarios:

Publicar un comentario