martes, 18 de agosto de 2015

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS INCENDIOS CONCELLO DE PONTEVEDRA

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO SERVIZO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS DO CONCELLO DE PONTEVEDRA INCLUIDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO 2010
A) BASES XERAIS
1ª Normas Xerais
A provisión en propiedade de determinadas prazas de funcionarios de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Pontevedra do ano 2010, incluídas na oferta de emprego público do ano 2010 publicada no Boletín Oficial da Provincia núm 4 do 07/01/2011, son as seguintes:
— Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: A. Subgrupo A1. Clasificación: Escala de Administración Especial, subescala servizos especiais clase servizo extinción de incendios, Número de vacantes: 1. Denominación:Oficial.
— Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo C1. Clasificación: Escala de Administración Especial, subescala servizos especiais clase servizo extinción de incendios, Número de vacantes: 1. Denominación: Sarxento.
O sistema de selección dos aspirantes será o de oposición ou concurso-oposición, segundo se dispoña nas bases específicas que rexan a convocatoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario