martes, 10 de febrero de 2015

BOLETINES 09/02/2015

BOP PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
09/02/2015
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CORRECCIÓN DE ERROS NA TITULACIÓN DA CONVOCATORIA DE UNHA PRAZA DE TÉCNICO MEDIO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 15, de 26 de xaneiro de 2015 publicouse as bases da convocatoria de unha praza de técnico medio de Administración Especial, integrada no grupo A2, vacante no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluída na oferta de emprego público do ano 2014.
Advertido un erro na determinación das titulacións esixidas para acceder á praza convocada, ó abeiro do establecido no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á súa rectificación no seguinte sentido:
Onde pon: “Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais os aspirantes deberán posuír o título de licenciado/graduado en Psicoloxía, Piscopedagoxía, Pedagoxía, Educación Social e mestre en Educación.”
Debe poñer: “Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais os aspirantes deberán posuír o título de licenciado/graduado en Psicoloxía, Piscopedagoxía, Pedagoxía, graduado ou diplomado en Educación Social, e mestre ou graduado en Educación.”

CORRECCIÓN OFERTA EMPLEO PÚBLICO.         
A Deputada delegada en materia de persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
Ao abeiro do establecido no art.º 105. 2 da Lei 30/92, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, rectifícase a Resolución Presidencial de data 13 de xaneiro de 2015, con número de rexistro 2015001009 pola que se aproba a Oferta de Emprego Público, no sentido de onde di (...):
A2
Técnico especialista educación diurna
Escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar
2
Concurso oposición promoción interna horizontal
Debe dicir (…):
C1
Técnico especialista educación diurna
Escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar
2
Concurso oposición promoción interna horizontal
O que lle comunico para o seu coñecemento, cumprimento e demais efectos.

CONCELLO DE A LAMA
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO MUNICIPAL 2015
Aprobado definitivamente polo Pleno do Concello o Orzamento Municipal para o exercicio de 2015 por acordo adoptado na sesión extraordinaria do 29 de decembro de 2014, ao non haberse producido reclamacións no período de exposición pública á aprobación inicial do mesmo, en cumprimento co disposto polo artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, faise público que o devandito presuposto ascende, tanto en gastos coma en ingresos, á contía dun millón trescentos oitenta e catro mil setenta e tres euros con trinta e catro céntimos (1.384.073,34.- euros), correspondendo a cada capítulo, as cantidades que a seguir se expresan:


CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DA FUNDACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL ILLA DE AROUSA PARA O EXERCICIO 2015
O Pleno deste Concello, en sesión celebrada en data 09 de xaneiro de 2015, acordou aprobar inicialmente o Orzamento Xeral da Fundación Deportiva Municipal para o exercicio 2015, o que en cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 05 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, exponse ó público durante un prazo de 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar as reclamacións que consideren oportunas ante o Pleno.O Orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario o Pleno disporá dun mes para resolvelas
BOE                             Descripción: boe         
09/02/2015
Cuerpo Superior de Meteorólogos del Estado
Orden AAA/165/2015, de 27 de enero, por la que se publica la lista de aprobados en la fase de oposición de las pruebas selectivas para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo Superior de Meteorólogos del Estado, convocadas por Orden AAA/1183/2014, de 26 de junio. PDF (BOE-A-2015-1203 - 3 págs. - 164 KB) Otros formatos
DOG                              Descripción: dog
09/02/2015
Escola Galega de Administración Pública

CONCELLO DE MOS
ANUNCIO de convocatoria do proceso extraordinario de funcionarización do persoal laboral fixo.
Nos boletíns oficiais da provincia de Pontevedra núm. 86 e núm. 245, do 7 de maio de 2014 e do 19 de decembro de 2014, respectivamente, publicáronse as bases xerais e específicas que rexerán o proceso extraordinario de funcionarización do persoal laboral fixo do Concello de Mos que se indican a seguir:
– Unha praza de traballadora social pertencente á escala de Administración especial; subescala técnica; grupo A; subgrupo A2.
– Unha praza de auxiliar administrativo pertencente á escala de Administración xeral; subescala auxiliar; grupo C; subgrupo C2.
– Unha praza de coordinador de actividades pertencente á escala de Administración especial; subescala técnica; grupo C; subgrupo C2.
– Dúas prazas de conserxe oficial de mantemento pertencente á escala de Administración especial; subescala servizos especiais; persoal de oficios; grupo AP.
– Unha praza de oficial de 1ª capataz pertencente á escala de Administración especial; subescala servizos especiais; persoal de oficios; grupo C; subgrupo C2.
– Cinco prazas de oficial de segunda pertencentes á escala de Administración especial; subescala servizos especiais; persoal de oficios; grupo AP.
– Tres prazas de operaria de limpeza pertencentes á escala de Administración especial; subescala servizos especiais; persoal de oficios; grupo AP.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario