martes, 13 de mayo de 2014

Dereitos electorais das persoas traballadoras por conta allea edo persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 25 de maio de 2014

Dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 25 de maio de 2014

No DOG do día 8 de mayo do 2014 a Conselleria de Facenda publicou a ORDE do 29 de abril de 2014 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 25 de maio de 2014 polo Real decreto 213/2014, do 31 de marzo, polo que se convocan eleccións de deputados ao Parlamento Europeo.

ORDE do 28 de abril de 2014 pola que se regula o exercicio de dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o día 25 de maio de 2014 polo Real decreto 213/2014, do 31 de marzo.

O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que o día das eleccións non desfrute do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo, o día 25 de maio de 2014, coincida, polo menos en catro horas, co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.

  O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia e as persoas traballadoras por conta allea que teña previsto que na data da votación non se atopará na localidade onde lle corresponde exercer o seu dereito ao voto, ou que non poida exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, disporá, no seu horario laboral, de ata catro horas libres para poder formular persoalmente a solicitude de certificación acreditativa da súa inscrición no censo, que se recolle no artigo 72 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, así como para a remisión do voto por correo.

O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais e os/as que acrediten a súa condición de interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario