miércoles, 21 de mayo de 2014

BOLETINES 21/05/2014

BOP
21/05/2014
DEPUTACIÓN PROVINCIALBASES REGULADORAS DA BOLSA DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A deputada delegada en materia de persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
Segundo o disposto no artigo 35 do Real decreto 364/95, de 10 de marzo, poderase proceder a contratación de persoal laboral non permanente para realizar traballos que non poidan ser atendidos por persoal laboral fixo, conforme ós principios de mérito e capacidade.
Anexo I.—Postos de traballo ofertados
1.—Técnico arqueólogo de campo, grupo
2.—Técnico arqueólogo de laboratorio, grupo A1A1
3.—Técnico restaurador de campo, grupo A2
4.—Técnico restaurador de laboratorio, grupo A2
5.—Técnico en Tradución e Interpretación, grupo A1
6.—Técnico en Comunicación, grupo A1
7.— Peón agrícola, grupo E
BASES POLAS QUE SE REGULA A CONVOCATORIA DE PRAZAS VACANTES  DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS EN VARIAS OFERTAS  DE EMPREGO PÚBLICO
O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
Dúas prazas de técnico en Educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integradas no grupo A2, por quenda libre.
Catro prazas de técnico auxiliar de Educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda libre.

CONCELLO DE CAMBADOS A N U N C I O
En sesión celebrada o 03.04.2014, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o Orzamento Municipal para o exercicio 2014, sendo publicado dito acordo de aprobación inicial no BOP nº 73, de data 15 de abril de 2014. Elevado a definitivo dito acordo ó non terse producido reclamacións contra o mesmo, de conformidade co disposto polo artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, faise público que dito Presuposto ascende tanto en gastos como en ingresos á cantidade de oito millóns setecentos trinta e catro mil seiscentos sesenta e oito con trinta e tres céntimos (8.734.668,33 €), correspondendo a cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan

CONCELLO DE AS NEVES E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno Municipal de data 31 de marzo de 2014, a modificación da Plantilla Presupuestaria e o cadro de postos de traballo do persoal laboral incluida no Orzamento municipal para o exercicio de 2014, de conformidade có establecido no artigo 169.1 do Real DecretoLexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,dita modificación elévase a definitiva ó non se presentar ningunha reclamación no prazo preceptivo dequince días, quedando o cadro de postos de traballo de persoal laboral temporal da seguinte forma:
BOE
21/05/2014
DOG
21/05/2014
CONCELLO DE VILALBAANUNCIO da oferta de emprego público de 2014.
Por Resolución da Alcaldía, do 9 de abril de 2014, aprobouse a oferta de emprego pú-
blico do Concello de Vilalba (Lugo) para o ano 2014. Oferta de emprego público de 2014: Provincia: Lugo. Corporación: Vilalba. Nº de código territorial: 27065.
Funcionarios de carreira:
Segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala de
Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase: policía local. Número de vacantes: 2. Denominación: policía local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario