martes, 16 de octubre de 2012

BOLETINES 16/10/2012

BOE
16/10/2012
BOP
16/10/2012
CONCELLO DE PONTEVEDRA A N U N C I O
A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de outubro de 2012, aprobou as bases reguladoras das listas de reserva para a provisión interina de prazas de traballadora social no Concello de Pontevedra, cuxo texto literal é o seguinte:
“BASES REGULADORAS DAS LISTAS DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE TRABALLADOR/A SOCIAL DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL,SUBESCALA TECNICA, CLASE TÉCNICOS MEDIOS, ENCADRADAS NO GRUPO A, SUBGRUPO A-2 (QUENDA LIBRE).
CONCELLO DE CALDAS DE REIS A N U N C I O
ANUNCIO: APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO XERAL CONCELLO CALDAS DE REIS – EXERCIZO 2012
Aprobado definitivamente polo Pleno da corporación na sesión extraordinaria de data 28/09/2012 o Orzamento Xeral do Concello de Caldas de Reis para o exercicio económico de 2012, en cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 faise público o resumo por capítulos co seguinte detalle
CONCELLO DE DOZON E D I C T O
Habiendo quedado definitivamente aprobado por el Pleno de este Ayuntamiento el presupuesto para el ejercicio económico de 2012, por acuerdo adoptado en sesión celebrada el día 27 de agosto de 2012, en cumplimiento a lo que dispone el artículo 169.3 del R.D Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, se hace público que dicho presupuesto asciende, tanto en Gastos como en Ingresos, a la cuantía de ochocientossesenta y cuatro mil seiscientos veinte euros con noventa y dos céntimos.
CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS A N U N C I O
Con data de 10 de xullo de 2012 ditouse por esta Alcaldía do Concello de Salceda de Caselas decreto de persoamento no procedemento ordinario 91/2012, que se segue no Xulgado do contenciosoadministrativo nº 3 de Pontevedra, iniciado por recurso contencioso-administrativo de D. Santiago Rodríguez e Dª Emma Pereira Iglesias contra resolucións de 30 de agosto de 2010 ( sic) pola que se acorda aprobar o orzamento xeral do Concello para 2010 e se inclúe unha relación da plantilla de persoal funcionario e persoal laboral fixo, e de 24 de setembro de 2010, pola que se aproba a oferta de emprego público do Concello para o ano 2010, e de 11 de xaneiro de 2011 (sic) pola que se aprobaron as bases para a selección dun/ha Arquitecto/a e un/ha Axente de desenvolvemento local correspondentes a tal oferta de emprego público.
Polo presente anuncio dase conta de tal resolución, emprazándo aos interesadospara que poidan
persoarse coma demandados no prazo de nove días (de acordo co art. 49.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).
Salceda de Caselas, a 2 de outubro de 2012.—O Alcalde, Marcos David Besada Pérez.
DOG
16/10/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario