viernes, 27 de abril de 2012

BOLETINES 27/04/2012


BOE
27/04/2012
   
BOP
27/04/2012
CONCELLO DE COVELO E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o Presuposto Xeral para o exercicio económico de 2012 e Cadro de Persoal, en cumprimento do disposto no artigo 150,1 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, e disposicións concordantes, exponse ó público na Secretaría do Concello, por un prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse dende o seguinte ó día de inserción do presente Edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.
Covelo, 20 de abril de 2012.—O Alcalde en funcións, Juan Pablo Castillo Amigo.

CONCELLO DE REDONDELA
Aprobado provisoriamente polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria do día 12 de abril de 2012, o orzamento xeral correspondente ao exercicio do ano 2012, cumprindo o disposto nos artigos 169.1 do Real Decreto Legislativo 2/2004, do 5 de marzo e do 20.1 do Real Decreto 500/1990 do 20 de abril, exponse ao público durante 15 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Durante o prazo indicado as persoas que teñan a consideración de interesados poderán examinar o expediente e presentar, por escito, reclamacións ante o Pleno.
Se no período de exposición ao público non foran presentadas reclamacións, o orzamento xeral considerarase definitivamente aprobado sen necesidade de novo acordo plenario.
Redondela, 13 de abril de 2012.—O Alcalde, Javier Bas Corugeira.

CONCELLO DE O ROSAL
BASES XERAIS E CONVOCATORIA PÚBLICA DE DÚAS BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN EN OFICINAS DE TURISMO DO CONCELLO DO ROSAL
DOG
27/04/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario