jueves, 12 de abril de 2012

BOLETINES 12/04/2012

BOE
12/04/2012
BOP
12/04/2012
CONCELLO VIGO E D I C T O
O Pleno desta Corporación Municipal, en sesión do día 30 de marzo de 2012, aprobou inicialmente o Presuposto Xeral do Concello de Vigo que deberá rexer durante o exercicio económico de 2012 e no cal se integran os seguintes:
— Presuposto do Concello de Vigo
— Presuposto do OO.AA Parque das Ciencias Vigo-Zoo
— Presuposto do OO.AA Instituto Municipal dos Deportes
— Presuposto do OO.AA Escola Artes e Oficios
— Presuposto do OO.AA Xerencia Municipal Urbanismo
En cumprimento do preceptuado nos artigos 169 e 170 do Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas Locais, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 2/2004, os devanditos documentos expóñense ao público na Intervención Xeral deste Concello durante o período de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte á inserción do presente Edito no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a devandita aprobación inicial, poderán os interesados interpor reclamacións ante o Excmo. Concello Pleno, durante o transcurso da referida exposición, de acordo cos supostos tasados nos artigos 169, 170 e 171 do Texto refundido da Lei Reguladora das facendas Locais, aprobado polo RD 2/2004.
No suposto de non se presentar reclamacións durante dito prazo, considerarase definitivamente aprobados.
Vigo, 30 de marzo de 2012.—O Alcalde-Presidente, Abel Caballero Álvarez.

CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS - TERRA DE MONTES A N U N C I O
Aprobado inicialmente polo Pleno do Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento das Comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, na sesión celebrada o día 2 de abril de 2012 o Orzamento para o exercicio económico 2012, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das facendas locais, e disposicións concordantes, expónse o público nas dependencias do Consorcio, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia, ós efectos de exame e reclamacións.
No caso de que non se formule ningunha reclamación ou suxerencia, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.
Silleda, a 3 de abril de 2012.—O Presidente, Ramiro Varela Peón.
DOG
12/04/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario