lunes, 30 de diciembre de 2013

BOLETINES 30/12/2013

BOP
30/12/2013
DEPUTACIÓN PROVINCIAL E D I C T O
O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de novembro de 2013, acordou a aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2014.
Transcurrido o prazo regulamentario de exposición pública do expediente sen que se presentase ningunha reclamación ou suxestión, enténdese definitivamente aprobado, de conformidade co disposto no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

CONCELLO DE CERDEDO E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria de data 20/12/2013, o presuposto municipal e o cadro de persoal para o exercicio 2014, quedan expostos ó público na Secretaría do Concello polo prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, segundo dispón o artigo 169 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. As persoas interesadas poderán examina-lo e presentar reclamación perante o Pleno, no prazo citado.
De non formularse estas, entenderase elevado automaticamente a definitivo o referido acordo de  aprobación inicial.

CONCELLO DE  A ESTRADA A N U N C I O
O Pleno deste Concello, na sesión celebrada o día 23 de decembro de 2013, aprobou nun principio o Orzamento municipal para 2014 e o Cadro de Persoal do Concello, que quedan expostos ó publico na Intervención Municipal durante o prazo de quince días, para que os interesados poidan examinar os documentos e presentar reclamacións ante o Pleno, de conformidade do disposto nos artigos 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 126 do R. Decreto Lexislativo 781/1986 do 28 de abril.

CONCELLO DE FORNELO DE MONTES E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o Orzamento municipal para o exercicio económico de 2014 o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e disposicións concordantes, exponse ó publico na secretaría deste concello, por prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas.

CONCELLO DE LALÍN A N U N C I O
Aprobado con carácter definitivo polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 27 de decembro de 2013 o Orzamento Xeral do Concello de Lalín para o exercicio económico de 2014 integrado polo orzamento da propia entidade local e mailo do organismo autónomo administrativo "Padroado Cultural de Lalín", en cumprimento do establecido no artigo 70.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, así como no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, publícanse resumidos por capítulos os devanditos presupostos, que ascenden, tanto en gastos como en ingresos, ás contías seguintes :

CONCELLO DE  SOUTOMAIOR E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 23 de decembro de 2013, o Orzamento Xeral para o exercicio económico 2014, a Relación de Postos de Traballo e plantilla do persoal para dito exercicio, en cumprimento do disposto no art. 169.1 do R.D.Lex. 2/2004, do 5 de marzo, e disposi cións concordantes, exponse ó público na Secretaría deste Concello, por prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o seguinte ó da publicación do presente edito no B.O.P. da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.

CONCELLO DE TOMIÑO E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión do día 20 de decembro de 2013, o Orzamento Xeral e o Cadro de Persoal para o exercicio 2014, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ós interesados na Intervención deste Concello, polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte ó da publicación do presente edicto no BOP, para que os interesados poidan examinalo e formular as reclamacións que consideren pertinentes ante o Pleno.

CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA E D I C T O
De conformidade cos artigos 112.3 da Lei 7/85, do 2 de abril e 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e dado que a Corporación Municipal en sesión ordinaria celebrada o día 29 de novembro de 2013, adoptou acordo de aprobación inicial do Orzamento Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa e do seu Organismo Autónomo FPSDM correspondente ao exercicio económico de 2014, e do teito de gasto non financieiro para o exercicio 2014, e habéndose presentado contra o mesmo durante o prazo de exposición ó públi co, segundo edicto publica do no Boletín Oficial da Provincia número 231, de data 2 de decembro de 2013, e no taboleiro de anuncios da Casa Con sis torial, reclamacións, estas foron resoltas en sesión plenaria ordinaria do 26 de decembro de 2013, quedando aprobado definitivamente o mesmo. Faise público que o Orzamento consoli dado do Concello, no cal se integra o Presu posto da Fundación Pública de Servicios Depor tivos Muni cipais, ascen de tanto en gASTOS coma en INgRESOS, á contía de 25.850.681,61€, correspon dendo a cada Capí tulo as canti dades que a continuación se expre san, segundo o seguinte deta lle:

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO E D I C T O
Aprobado inicialmente pola Xunta de goberno en sesión de data 19/12/2013, o presuposto para o exercicio económico de 2014 e o cadro de persoal para o devandito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004 do 05.03 TRLFFL, e disposicións concordantes, exponse ó público, polo prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que durante o mesmo se poidan face-las reclamacións e suxestións que se consideren oportunas, as que deberán ser dirixidas ao Presidente desta Mancomunidade.
BOE
30/12/2013
JEFATURA DEL ESTADO  Administración local
Ley 27/2013, de 27 de diciembre, de racionalización y sostenibilidad de la Administración Local.

Real Decreto 1043/2013, de 27 de diciembre, sobre revalorización y complementos de pensiones de clases pasivas para el año 2014.PDF (BOE-A-2013-13760 - 9 págs. - 240 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL Pensiones. Seguridad Social
Real Decreto 1045/2013, de 27 de diciembre, sobre revalorización de las pensiones del sistema de la Seguridad Social y de otras prestaciones sociales públicas para el ejercicio 2014. PDF (BOE-A-2013-13763 - 14 págs. - 315 KB)  Otros formatos

Salario mínimo interprofesional
Real Decreto 1046/2013, de 27 de diciembre, por el que se fija el salario mínimo interprofesional para 2014. PDF (BOE-A-2013-13764 - 2 págs. - 146 KB)  Otros formatos

Contrataciones en origen
Orden ESS/2445/2013, de 23 de diciembre, por la que se prorroga la vigencia de la Orden ESS/1/2012, de 5 de enero, por la que se regula la gestión colectiva de contrataciones en origen para 2012. PDF (BOE-A-2013-13765 - 1 pág. - 135 KB) Otros formatos
DOG
30/12/2013  

No hay comentarios:

Publicar un comentario