miércoles, 11 de diciembre de 2013

BOLETINES 11/12/2013

BOP
11/12/2013
CONCELLO DE V I G O A N U N C I O
BASES ESPECÍFICAS PARA A PROVISIÓN POR PROMOCIÓN INTERNA DUNHA PRAZA
DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL.
Con data 28 de novembro de 2013 esta Vicepresidencia da Xerencia Municipal de urbanismo do Concello de Vigo resolveu aprobar as seguintes bases específicas para a provisión por promoción interna dunha praza de técnico da administración xeral, correspondientes á oferta de emprego público 2010.

CONCELLO DE CRECENTE E D I C T O
Aprobado inicialmente polo pleno da Corporación o Presuposto Xeral para o exercicio económico de 2014, Bases de Execución a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo para o devandito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e disposicións concordantes, expónse ao público na Secretaría deste Concello polo prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia, durante o que, os interesados, poderán examina-lo e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes ante o Pleno do Concello.
O Presuposto considerarase definitivamente aprobado se durante este prazo non se presentasen reclamacións contra o mesmo.

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS E D I C T O
Exposición pública do Orzamento para 2014.
A Xunta da Mancomunidade do Salnés, na sesión do 5 de decembro de 2013 aprobou inicialmente o orzamento xeral para o exercicio económico 2014 e o cadro de persoal.
Queda exposto ó público na Secretaría da Mancomunidade, por prazo de quince días hábiles, contados dende o seguinte ao da inserción deste edicto no BOP, para que nese prazo os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que xulguen pertinentes, de acordo co disposto no artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas Locais. As reclamacións deberanse dirixir ao Sr. Presidente da Mancomunidade do Salnés.
De non presentarse reclamacións durante o devandito prazo, o orzamento xeral considerarase definitivamente aprobado.
BOE
11/12/2013
DOG
11/12/2013  

No hay comentarios:

Publicar un comentario