martes, 18 de diciembre de 2012

boletines 18/12/2012

BOE
18/12/2012
BOP
18/12/2012
CONCELLO DE FORNELOS DE MONTESE D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o Orzamento municipal para o ejercicio económico de 2013 o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e disposicións concordantes, exponse ó publico na secretaría deste concello, por prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas.
Fornelos de Montes, a 11 de decembro de 2012.—O Alcalde, Emiliano Lage Rodríguez.

CONCELLO DE MOS A N U N C I O
Aprobado inicialmente en sesión do Pleno deste concello do 29.11.2012, a “Modificación da relación de postos de traballo”, pola presente exponse ao público no taboleiro do Concello, co fin de que polos interesados/as se poida consultar o expediente nas oficinas municipais, departamento de Secretaría, en horario de 9 a 14h., e presentar as alegacións que se teñan por convenientes, por un prazo de quince días contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio.
No caso de non presentarse reclamación ou alegación ningunha, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Mos, a 04 de decembro de 2012.—A Alcadesa, Nidia Mª Arévalo Gómez.

CONCELLO DE SALVATERRA DO MIÑO E D I C T O
O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o día 26 de novembro de 2012, aprobou inicialmente a seguinte modificación do cadro de persoal do Concello de Salvaterra de Miño:
— Creación de unha praza de funcionario Oficial Barrenista “A amortizar”, integrada na Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais, pertencente ó Grupo C, Subgrupo C2, Nivel de Complemento de Destino 12 e cun Complemento Específico de 623,76 euros en doce pagas.
De conformidade co disposto nos artigos 126.3 do Real Decreto Legislativo 781/1986, de 18 de abril (Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local ) e 169 do R.D. Legislativo 2/2004, do 5 de marzo (Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais) o devandito expediente exponse ó público durante un prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte á data de inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante este prazo os interesados poderán examina-lo expediente e formular as alegacións e reclamacións que estimen pertinentes.
A modificación do cadro de persoal consideraráse definitivamente aprobada se no  eríodo de exposición ó público non se presentan reclamacións.
En Salvaterra de Miño, a 3 de decembro de 2012.—O Alcalde, Arturo Grandal Vaqueiro.

CONCELLO DE TUI Anuncio de nomeamento de funcionarios de carreira
Por Resolución da Alcaldía do 19 de outubro de 2012, e unha vez concluído o proceso de selección, foron nomeados funcionarios de carreira da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, calse policía local, categoría policía a:
— D. Carlos Álvarez Álvarez, con DNI nº 36160704-N.
— D. José Ángel Gago Lorenzo, con DNI nº 78737452-B.
— D. Alexandre Fernández Rodríguez, con DNI nº 36175061-V
O que se fai para público para xeral coñecemento. Tui, 04 de decembro de 2012.—O Alcalde, Moisés Rodríguez Pérez.
DOG
18/12/2012

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 5 de decembro de 2012 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 30 de maio de axudas dirixidas a conservatorios e escolas de música non dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

CONCELLO DE VIGO
ANUNCIO das bases para os procesos selectivos para a provisión das prazas vacantes contidas nas ofertas de emprego público dos anos 2010 e 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario