jueves, 31 de agosto de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 07/08/2017 A 11/08/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
07/08/2017
CONCELLO DE VIGO
AUDIENCIA NO RECURSO DE REPOSICIÓN SOBRE MODIFICACIÓN DAS BASES REITORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO QUE PERMITA OS NOMEAMENTOS INTERINOS NA ÁREA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ANUNCIO
ASUNTO: Solicitude de modificación das bases e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos na Área de Normalización Lingüística (publicadas no BOP nº 128 do 05/07/2017)
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, con Rexistro de entrada de data 17/07/2017 (DOC. 170102268), presenta escrito que se tramita como recurso de reposición, no que solicita a modificación das bases e convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos na Área de Normalización Lingüística no Concello de Vigo (publicadas no BOP nº 128 do 05/07/17).
En virtude do artigo 118 da Lei 39/2015 do 30 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas aos efectos de dar audiencia aos interesados, e de conformidade co previsto no artigo 45.1. da dita Lei, ao tratarse dun procedemento selectivo ou de concorrencia competitiva, procédese á publicación de anuncio mediante inserción no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que os Organismos afectados así como quen teña presentado a instancia para participar no dito procedemento selectivo poidan ter coñecemento da devandita impugnación e dispoñan dun prazo de dez días a contar dende o día seguinte ao da publicación, para achegar as alegacións e documentos que estimen oportunos.
O expediente estará á súa disposición para consulta e obtención de copia (previa exacción da taxa correspondente) nas dependencias municipais da Área de Recursos Humanos e Formación, sitas no primeiro andar da Casa do Concello, en horario de atención ao público de 9:00h a 13:30h.

CONCELLO DE BUEU
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MUNICIPAL EXERCICIO 2017
Aprobados inicialmente polo Pleno da Corporación do Concello de Bueu, en sesión extraordinaria celebrada con data 28 Xullo de 2017, o límite de gasto non financeiro, os orzamentos xerais correspondentes ao exercicio 2017 do Concello de Bueu así como o plantel e o catálogo de persoal ao servizo do Concello, en cumprimento do disposto no art. 169.1 do RD. Lex. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público no departamento de Intervención deste Concello no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas.

CONCELLO DE CAMBADOS
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO CONCELLO DO EXERCICIO 2016
Formulada e rendida a Conta Xeral deste Concello, correspondente ó exercicio 2016, e ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o 27 de xullo de 2017, dando cumprimento ó disposto polo artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, durante os cales, e oito máis, os interesados poderán presenta-las reclamacións, reparos e observacións que coiden oportunas, mediante escritos dirixidos á Sra. Alcaldesa-Presidenta.

CONCELLO DE A ESTRADA
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE TITULADO/A SUPERIOR (PERSOAL LABORAL TEMPORAL) PARA O DEPARTAMENTO DE CULTURA DO CONCELLO DA ESTRADA ANUNCIO
Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2017- 0784, do 31 de xullo de 2017, aprobáronse as bases para a provisión, polo sistema de oposición libre, dun posto de Titulado/a Superior para o Departamento de Cultura en réxime laboral temporal.
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE TITULADO/A SUPERIOR
(PERSOAL LABORAL TEMPORAL) PARA O DEPARTAMENTO DE CULTURA
DO CONCELLO DA ESTRADA
Primeira. Normas xerais
O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante o sistema de oposición libre, dun posto de Titulado Superior para o Departamento de Cultura en réxime laboral temporal. A finalidade da contratación baséase en permitir manter unha programación estable e de calidade no ámbito cultural, e, concretamente, do Teatro Principal.
Segundo. Modalidade do contrato
A modalidade do contrato é por obra ou servizo, regulada no artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
O carácter do contrato é temporal, mentres dure a obra ou servizo polo que se contratou, e non pode superar en ningún caso os 3 anos de duración desde o seu inicio, ao abeiro da lexislación vixente.
As condicións serán as establecidas no convenio aplicable, o Convenio colectivo do Concello da Estrada. Fíxase unha retribución bruta de 33.882.06 € (inclúe as pagas extraordinarias).

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL 2017 E D I C T O
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 15 de xuño de 2017, aprobou o orzamento xeral para o exercicio 2017, xunto co cadro de persoal para dito exercicio. O acordo foi sometido a exposición pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 123, do 28 de xuño de 2017.
Ao non presentarse reclamacións durante o período de exposición pública, enténdese definitivamente aprobado. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, faise público o resume por capítulos, segundo o seguinte detalle:


ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
CONTA XERAL 2016
Formulada a Conta Xeral do Orzamento desta Entidade Local, correspondente ó exercicios 2016, exporase ó público, segundo o artigo 212.3 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, polo prazo de quince días hábiles, durante os cales e oito máis, os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunas.

CONCELLO DE CERDEDO–COTOBADE
BASES PARA A ELABORACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA CONTRATOS DE DURACIÓN DETERMINADA DE PERSOAL DO SERVIZO MUNICIPAL DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE ANUNCIO
Mediante Resolución da Presidencia do 01.08.2017 aprobáronse as bases para a elaboración dunha lista de reserva para prover mediante contratos de duración determinada persoal do servizo municipal de axuda no fogar do Concello de Cerdedo-Cotobade
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais a contar a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As bases están a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello de Cerdedo-Cotobade en horario de luns a venres de 9 a 14 h ou na páxina web do Concello (…) Cerdedo-Cotobade
08/08/2017
CONCELLO DE MOAÑA
CONVOCATORIA PARA O POSTO DE DINAMIZADOR DO PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL. CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PERSOA PARA O POSTO DE DINAMIZADOR DO PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 31.07.2017, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa para o posto de dinamizador do Plan de Inclusión Dixital mediante o sistema de concurso oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org).

CONTRATACIÓN TEMPORAL DUNHA PERSOA MONITORA DEPORTIVA
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PERSOA MONITORA DEPORTIVA PARA O SERVIZO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO DE PERSOAS MAIORES
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 31.07.2017, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa monitora para a ximnasia de persoas maiores mediante o sistema de concurso oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org).

CONCELLO DE REDONDELA
MODIFICACIÓN DO ANEXO DO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO
ANUNCIO
APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO ANEXO DO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE REDONDELA
O Pleno do Concello de Redondela, na sesión ordinaria núm. 08 correspondente ao mes de xullo, que tivo lugar o día 27 de xullo de 2017, adoptou o seguinte acordo:
-Modificar o anexo do CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO relativo á valoración pola realización de servizos extraordinarios fóra da xornada habitual de traballo do persoal laboral e funcionario ao servizo do Concello de Redondela do seguinte xeito:
1.ª) Hora extra traballada entre as 08:00 e as 22:00 horas:
Terá o valor dunha hora normal incrementada no 50%, é dicir, cada hora traballada dentro de tal horario, terá o valor de hora e media.
2.ª) Hora extra traballada entre as 22:00 e as 08:00 horas:
Terá o valor dunha hora normal incrementada no 100%, é dicir, cada hora traballada dentro de tal horario, terá o valor de dúas horas.
3.ª) Hora extra traballada en sábados non laborais, domingos e festivos:
Terá o valor dunha hora normal incrementada no 100%, é dicir, cada hora traballada dentro de tal horario, terá o valor de dúas horas.
4.ª) Cada hora traballada nos seguintes periodos terá o valor dunha hora normal incrementada no 200%, é dicir, cada hora traballada terá o valor de tres horas:
— Sábados, domingos e festivos: Das 00:00 ata as 08:00 horas
— 1 e 6 de xaneiro
— Martes de Entroido, no caso de que se celebre.
— Xoves e Domingo da Coca
— Domingo de Entroido de Verán, no caso de que se celebre.
— 24, 25 e 31 de decembro
O número máximo de horas que se retribuirán con este valor será de 8 horas mensuais por traballador. As horas que excedan deste máximo serán retribuidas de acordo co estipulado nos apartados anteriores.
A modificación puntual do convenio colectivo do persoal ao servizo do Concello de Redondela, que afecta única e exclusivamente ao anexo do mesmo, surtirá efectos a partir da publicación do correspondente anuncio no BOP.PO.

09/08/2017
CONCELLO DE  CRECENTE
CONTA XERAL 2016
En cumprimento do artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a conta xeral correspondente ao exercicio 2016 do concello de Crecente, por un prazo de quince días, durante os cales e oito mais, quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

CONCELLO DE  MARÍN
CORRECCIÓN ERROS ANUNCIO RPT ANUNCIO
CORRECCION ERROS ANUNCIO APROBACION DEFINITIVA DA RELACION DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE MARIN.
No BOP de Pontevedra nº 144, de 28 de xullo de 2017, foi publicada a Relación de Postos de Traballo do Concello de Marín. Téndose detectado erros en dita publicación, de acordo co establecido no artigo 109 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procédese a súa rectificación, de xeito que:
Primeiro.—Debe eliminarse o seguinte posto:
Descripción: 1174.png
Segundo.—Debe rectificarse o erro detectado no posto de Peón Operario /a de servizos varios, laboral fixo, da brigada 03.04 Brigada de Xardíns, de xeito que onde antes dicía:
Descripción: 1221.png
Agora debe dicir:
Descripción: 1227.png

CONCELLO DE  AS NEVES
LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO INTERINO CONCELLO DAS NEVES ANUNCIO
Por resolución da Alcaldía do día 21 de xullo de 2017, aprobouse a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria para a provisión dunha praza de Administrativo de administración xeral, en réxime de interinidade, do seguinte teor literal:
“Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 16 de maio de 2017, convocáronse as probas selectivas para a contratación dun funcionario interino das seguintes características:
— Grupo: C; subgrupo: C1; escala: Administración xeral; subescala: administrativa; praza vacante.
Rematado o prazo para a presentación das instancias neste proceso selectivo, segundo as bases publicadas no BOPPO nº 114, de 15 de xuño de 2017, esta Alcaldía no uso das facultades atribuidas polo artigo 21.1. g) da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e artigo 20 do Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e pormoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, aprobado polo Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, resolve:
1º. Aprobar a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos que é a seguinte:

CONCELLO DE  SALVATERRA DE MIÑO
BASES DA CONVOCATORIA PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SERVIZOS SOCIAIS. ANUNCIO
De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) en sesión ordinaria celebrada o día 20 de xullo de 2017, faise pública a convocatoria para cubrir en réxime de interinidade unha praza de Auxiliar Administrativo de Servizos Sociais polo sistema de concurso-oposición, de acordo coas seguintes Bases:
BASES DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO DENOMINADA “AUXILIAR ADMINISTRATIVO
DE SERVIZOS SOCIAIS” (CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO)

10/08/2017
Deputación Provincial

CONCELLO DE Pontevedra

CONCELLO DE Arbo

CONCELLO DE Cambados


CONCELLO DE Lalín

CONCELLO DE o Porriño




CONCELLO DE Redondela

CONCELLO DE Vilaboa



11/08/2017
Deputación Provincial

CONCELLO DE Pontevedra

CONCELLO DE Vigo






CONCELLO DE Cangas



CONCELLO DE A Cañiza


CONCELLO DE O Grove

CONCELLO DE A Illa de Arousa

CONCELLO DE Mos

CONCELLO DE O Porriño

CONCELLO DE Ribadumia

CONCELLO DE Soutomaior


CONCELLO DE Vilagarcía de Arousa

Entidade Local Menor de Camposancos
APROBACIÓN INICIAL CRÉDITO EXTRAORDINARIO 1/2017. PDF

No hay comentarios:

Publicar un comentario