jueves, 31 de agosto de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 01/08/2017 A 05/08/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
01/08/2017
CONCELLO DE MEIS
ANUNCIO CONTA XERAL 2016 EDICTO
De conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais , formada a Conta Xeral correspondente ao exercicio económico 2016 e informada favorablemente pola Comisión Especial de Contas de data 20 de xuño de 2017 ,exponse ao público na Secretaría deste Concello por un período de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, ao obxecto de que durante ese prazo e 8 días mais ,os interesados a poidan examinar e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Meis, 24 de xullo de 2017

CONCELLO DE REDONDELA
NOMEAMENTOS PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL FIXO, OFERTA DE EMPREGO REFUNDIDA 2013 A N U N C I O
En resolución dos procesos selectivos que se convocaron para cubrir prazas de persoal funcionario e laboral fixo incluídas na Oferta de Emprego Refundida do ano 2013 e a proposta dos tribunais cualificadores das probas selectivas que se convocaron, o alcalde nomeou a:
— André José Pérez Iglesias, con DNI núm.: *****379-S, como mestre de Percusión, a tempo parcial, do Conservatorio e Escola de Música de Redondela, por resolución do alcalde, con data de 29 de setembro de 2016, no cadro de persoal laboral fixo.
— Xurxo Martínez González, con DNI núm.: *****820-M, como técnico de Normalización Lingüística, por resolución do alcalde, con data de 21 de decembro de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Aldara Vila Rodríguez, con DNI núm.: *****938-M, como auxiliar Administrativa, da Administración Xeral, a tempo parcial, por resolución do alcalde, con data de 30 de xaneiro de 2017, como persoal funcionario de carreira.
— Carlos Martínez Rico, con DNI núm.: *****006-S, como oficial Carpinteiro, da Administración Especial, por resolución do alcalde, con data de 7 de marzo de 2017, como persoal funcionario de carreira.
— Manuel Comesaña Araujo, con DNI núm.: *****135-Z, como oficial de Medio Ambiente, por resolución do alcalde, con data de 7 de marzo de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Ana Belén García Candal, con DNI núm.: *****309-B, como operaria de Limpeza, por resolución do alcalde, con data de 7 de marzo de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Manuel Molinos Rivas, con DNI núm.: *****167-F, como mestre de Trompeta, a tempo parcial, do Conservatorio e Escola de Música de Redondela, por resolución do alcalde, con data de 8 de marzo de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Laura García Medraño, con DNI núm.: *****061-M, como mestra de Clarinete, a tempo parcial, do Conservatorio e Escola de Música de Redondela, por resolución do alcalde, con data de 8 de marzo de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Ana Franqueira Fontán, con DNI núm.: *****737-G, como mestra de Linguaxe Musical, a tempo parcial, do Conservatorio e Escola de Música de Redondela, por resolución do alcalde, con data de 8 de marzo de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Emma Díaz Arnau, con DNI núm.: *****612-Y, como mestra de Piano e Linguaxe Musical, a tempo parcial, do Conservatorio e Escola de Música de Redondela, por resolución do alcalde, con data de 8 de marzo de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Alexandre Gallego Medal, con DNI núm.: *****822-N, como mestre de Saxofón, a tempo parcial, do Conservatorio e Escola de Música de Redondela, por resolución do alcalde, con data de 8 de marzo de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Macarena López Pérez-Bryan, con DNI núm.: *****614-V, como mestra de Violín, a tempo parcial, do Conservatorio e Escola de Música de Redondela, por resolución do alcalde, con data de 30 de marzo de 2017, no cadro de persoal laboral fixo.
— Juan Francisco Ferreira González, con DNI núm.: *****338-X, como inspector da Policía Local, da escala executiva, servizos especiais, por resolución do alcalde, con data de 27 de abril de 2017, como persoal funcionario de carreira.
— Sandra Alonso Plata, con DNI núm.: *****868-S, como técnica de Muller, por resolución do alcalde, con data de 9 de maio de 2017, no cadro de persoal laboral fixo. Redondela, 17 de xullo de 2017 O alcalde

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA
ANUNCIO CONTA XERAL 2016 ANUNCIO
Formada e rendida a Conta Xeral deste Concello correspondente ao exercicio 2016 e ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas na súa sesión do 19 de xullo de 2017, en cumprimento do disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, anunciase que o expediente estará exposto ó público nas dependencias da Intervención Municipal por un período de quince días, durante os cales e oito máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións. Vilanova de Arousa, 19 de xullo de 2017.

02/08/2017
CONCELLO DE CANGAS
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DE 3 CONDUTORES PARA O CAMIÓN MOTOBOMBA
Por decreto da Alcaldía de data 19/07/2017 aprobáronse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 3 condutores para vehículo motobomba para a brigada municipal de prevención de incendios forestais.
As bases estarán expostas no Taboleiro de Anuncios (http://cangas.sedelectronica.gal/board//) e na páxina web do Concello (www.cangas.gal). O período de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

03/08/2017
CONCELLO DE VIGO
ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 20/07/2017 SOBRE RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 04/05/2017, POLO QUE SE APROBAN AS BASES REITORAS E A CONVOCATORIA DA BOLSA DE EMPREGO DE ENXEÑEIROS/AS TÉCNICOS/AS ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 20 de xullo de 2017 adoptou o seguinte acordo en relación co recurso de reposición presentado contra o acordo da Xunta de Goberno Local de data 4 de maio de 2017, polo que se aprobaron as bases reitoras do proceso selectivo que permita os nomeamentos interinos de un/unha enxeñeiro/a técnico/a baixo a modalidade prevista no artigo 10.1 do Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público( Expte. 27971/220) publicadas no BOP nº 98 de 24 de maio de 2017:
PROPOSTA DE ACORDO:
Primeiro.—De conformidade con Informe-Proposta que antecede e pola motivación legal exposta, procede desestimar integramente o recurso interposto polo Colexio oficial de enxeñeiros industriais de Galicia (ICOIIG), con rexistro de entrada de data 22/06/2017 (Doc. 170091789).
Segundo.—Notifíquese o presente acordo ao recorrente, á Intervención Xeral Municipal, ao Comité de Persoal e ao persoal técnico da Área de Recursos Humanos e Formación, aos efectos oportunos.
Terceiro.—Proceder á publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na paxina web municipal www.vigo.org para público e xeral coñecemento, informando de que se continuará co devandito proceso selectivo, procedéndose á maior brevidade á publicación das listas provisionais de admitidos e excluídos.
Cuarto.—Contra a presente resolución, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de 2 meses contados dende o seguinte ao da notificación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.”

CONCELLO DE LALÍN
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE LALÍN PARA O 2017, ASÍ COMA DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO E RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E CADRO DE PERSOAL LABORAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO 2017 ANUNCIO
O pasado 24 de maio de 2017 o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria rexeitou o Proxecto de Orzamento Xeral do Concello de Lalín para o exercicio 20107.
O día 29 de maio de 2017 someteuse ao Pleno a Cuestión de Confianza vinculada á aprobación do Orzamento Xeral do Concello de Lalín para 2017. Dita cuestión de confianza foi rexeitada polo Pleno da Corporación, polo que transcorrido o prazo dun mes sen que se presentara Moción de Censura tal e como se acredita no certificado do Secretario Xeral deste Concello de data 3 de xullo de 2017, enténdese aprobado inicialmente o Orzamento Xeral do Concello para 2017 e os demais acordos complementarios que figuran na proposta, conforme ao establecido no Artigo 197.bis, 5 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, Reguladora do Réxime Electoral Xeral.
O expediente foi sometido a trámite de exposición pública para reclamacións durante o prazo de quince días, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 129, de data 6 de xullo de 2017. Consta no expediente a certificación expedidida polo Secretario Xeral deste Concello sobre a non presentación de reclamacións, dentro do citado prazo, contra o expediente do Orzamento Xeral do Concello para o 2017.
Esgotado o prazo de exposición ao público do Orzamento Xeral do Concello de Lalín para o exercicio económico de 2017 integrado polo orzamento da propia entidade e mailo do organismo autónomo administrativo "Padroado Cultural de Lalín", sen que se presentara reclamación algunha, elévase a definitivo o acordo inicialmente adoptado. En cumprimento do establecido no artigo 70.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, así como no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, publícanse resumidos por capítulos os devanditos presupostos, que ascenden, tanto en gastos como en ingresos, ás contías seguintes:

CONCELLO DE MONDARIZ
PUBLICACIÓN DE DECRETO DE EMPRAZAMENTO A POSIBLES INTERESADOS POLA INTERPOSICIÓN DE RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO E REMISIÓN DO EXPEDIENTE
Visto o oficio remitido polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 dos de Pontevedra, do 29.05.2017 (rexistro municipal do 14.06.2017), ditado no PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000139/2017, e no que se comunica a interposición de recurso contencioso administrativo pola representación procesual de Dª. Milagros Sandín Valladares contra o Decreto da Alcaldía de 10 de marzo de 2016 resolutorio de recurso de reposición, pola presente, e de conformidade coas facultades conferidas polo art. 21.1.k da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,
DECRETO:
PRIMEIRO.—Notificar o presente acordo, no prazo dos 5 días seguintes ao da súa adopción, aos que aparezan como interesados no expediente, emprazándolles para que podan
persoarse como demandados ante o referido órgano xurisdicional no prazo de 9 días. Como directamente interesados a notificación realizarase os traballadores do Concello que teñen a categoría de conserxes, que resultar ser:
D. Juan Pablo Cendón Malvar, DNI. Núm. 76.897.952-M
Dª. María Teresa Ferreiro Castro, DNI. Núm. 35.560.707-Q
SEGUNDO.—Ademais, e dado que se trata da impugnación de resolución desestimatoria de recurso de reposición interposto contra resolución denegatoria de conciliación laboral e familiar que podería ter interese para unha pluralidade indeterminada de persoas, procederase tamén a realizar este emprazamento mediante anuncio que se publicará no BOP e no taboleiro electrónico deste Concello, de conformidade co art. 45 da Lei 39/2015. Mondariz, O alcalde

CONCELLO DE PONTEAREAS
CONVOCATORIA: FUNCIONARIO INERINO A2 TÉCNICO EDUSI ANUNCIO
Por Resolución da Alcaldía do 11 de xullo de 2017 prestouse aprobación ás Bases reguladoras, que de seguido se publican para a contratación como funcionario interino A2, por programa ó abeiro do artigo 10.1.c) do Estatuto Básico de Empregado Público dun posto de Coordinador do Programa de Desenvolvemento urbano sustentable e integrado “Ponteareas hábitat saudable”, polo que se abre un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partires do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que os interesados poidan presentar instancias conforme ó modelo do anexo I das Bases.
“CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN COMO FUNCIONARIO INTERINO, ART. 10.1.C), R.D. LEXISLATIVO 5/2015, DE 30 DE OUTUBRO, PROGRAMAS DE CARÁCTER TEMPORAL, PARA O NOMEAMENTO DE TÉCNICO COORDINADOR/A DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO URBANO SUSTENTABLE E INTEGRADO “PONTEAREAS HÁBITAT SAUDABLE”.
No marco da Estratexia DUSI 2014-2020, e de conformidade co disposto no art. 10.1.c) do RD Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, efectúase convocatoria para o nomeamento dun funcionario para o desenvolvemento do programa de desenvolvemento urbano sustentable e integrado “Ponteareas Hábitat Saudábel”.
O antedito programa foi concedido ao Concello de Ponteareas por Resolución do 29 de setembro de 2016, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos pola que se conceden axudas da primeira convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sustentable e integrado.
A provisión resulta necesaria, urxente e esencial, segundo petición formulada.
O procedemento de selección será por concurso-oposición, conforme ás bases que se transcriben a continuación:

CONCELLO DE RODEIRO
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL DO CONCELLO CORRESPONDENTE AO EXERCICIO DE 2016 ANUNCIO
En cumprimento do disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e unha vez foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio orzamentario do ano 2016, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se considere interesado poderá presentar as reclamacións, reparos ou observacións que teña por conveniente.
Rodeiro, 26 de xullo de 2017

04/08/2017
CONCELLO DE MARÍN
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2016
ANUNCIO EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2016 DO CONCELLO DE MARÍN
Formulada e rendida a conta xeral do ano 2016, e informada pola Comisión Especial de Contas, e de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público cos documentos xustificativos nos servizos do Concello, durante quince días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales, e oito máis, os interesados poderán presenta-los reparos e observacións que estimen pertinentes.

MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO
EDICTO SOBRE A RENDICIÓN DAS CONTAS XERAIS DOS ANOS 2015 E 2016 E D I C T O
Formuladas e rendidas as Contas Xerais da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo correspondente aos exercicios económicos de 2015 e 2016 informada pola Comisión Especial de Contas na sesión que tivo lugar o día 28 de xullo do ano 2017, exponse ó público cos documentos que a xustifican na sede da Secretaría Xeral da Mancomunidade sita na primeira planta do Concello de Vigo, por espazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da inserción do presente edito no B.O.P. ó obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que estimen pertinentes durante o devandito prazo de exposición e os oito días seguintes, de acordo ó que preceptúa o artigo 212.3, do R.D.L 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario