jueves, 14 de noviembre de 2013

BOLETINES 14/11/2013


BOP
14/11/2013
CONCELLO DE PONTEAREAS ANUNCIO DE RECTIFICACIÓN DE ERROS
No BOP do 17-10-13(nº 200)insertouse anuncio sobre aprobación da oferta de emprego público para
o ano 2013,aprobada pola Xunta de goberno Local do 30-09-13.
A Xunta de goberno Local en sesión do 28-10-13 acordou:
— Rectificar o erro cometido no acordo da Xunta de goberno Local do 30/09/2013, punto 5, en
relación coa contía do complemento específico, polo que onde pon “específico anual” debe por “específico mensual”, engadindo asemesmo a nota aclaratoria sobre o específico mensual real a percibir que se recolle a continuación:
Categoría SIt Nº Grupo CD Escala xornada tipo posto Forma prov titulación Académica C.específico mensual
Oficial V 68 C1 18 Administración Especial Servizos especiais 100 N C 618,76 * €
* A cifra reflectida no específico 618,76 € refírese o específico mensual do último cadro de persoal publicado no BOP de 22-12-2010, e as cantidades recollidas nese cadro de persoal non reflectían a redución do 5% establecida ao abeiro do Real Decreto-lei 8/2010, de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, polo que aplicando a norma referenciada, o específico mensual real a percibir elévase a 587,82 €.
— Realizar a correspondente publicación rectificativa
 
CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO
A N u N C I O
Aprobado inicialmente polo Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento, en sesión ordinaria de data 7 de novembro de 2013, o Orzamento xeral para o exercicio económico 2014, coas bases de execución, cadro de persoal e demais documentación integrante; dando cumprimento ao artigo 169.1 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ao público por un prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados poderán examina-lo e formular as reclamacións ante o Pleno do Consorcio que consideren pertinentes, segundo se sinala no artigo 170 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas Locais. O Orzamento considerarase definitivamente aprobado si durante o devandito prazo non se presentasen reclamacións ó mesmo, ó abeiro do artigo 169.1 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo.
BOE
14/11/2013
DOG
14/11/2013
Concello de Negreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario