martes, 11 de septiembre de 2012

PROPUESTA DE CSIF PARA NEGOCIAR EL REGIMEN DE RETRIBUCIONES EN PROCESOS DE IT POR CONTIGENCIAS COMUNES O PROFESIONALES

Réxime de retribucións en procesos de baixa por enfermidade ou accidente.

O Concello asegurará e abonará a todo ó persoal en situación de Incapacidade Temporal os seguintes complementos:
1.- Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns:
a) Desde o primeiro día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro día, inclusive, se lle recoñecerá un complemento retributivo do 50% das retribucións que se viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade incluídos tódolos conceptos.
b) Desde o carto día da situación de incapacidade temporal ata o día 20, inclusive, se lle recoñecerá un complemento retributivo do 75% das retribucións que se viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade incluídos tódolos conceptos.
c) A partires do día 21 se abonará un complemento ata alcanzar o 100% das retribucións que se viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade incluídos tódolos conceptos.

2.- Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais  (accidente laboral ou enfermidade profesional) e perante todo o período de duración da mesma, a percepción do 100% das retribucións, por todo os conceptos, que viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade incluídos tódolos conceptos.

3.- Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns se lle recoñecerá dende o inicio da IT, un complemento retributivo do 100% das retribucións que se viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade incluídos tódolos conceptos nas seguintes situacións:
§         Hospitalización.
§         Intervención cirúrxica.
§         Risco por embarazo.
§         Maternidade.
§         Paternidade.
§         Risco perante a xactancia natural.
§         Accidente grave ou moi grave.
§         IT sen hospitalización provocada por enfermidades crónicas, dexenerativas, irreversíbeis e/ou incurábeis,
§         IT por enfermidade relacionada por discapacidades recoñecidas cun grado do 33% ou superior
§         IT sen hospitalización pero que requira tratamento ou terapia hospitalaria por enfermidades crónicas, dexenerativas, irreversíbeis e/ou incurábeis, (por exemplo a diálese).
§         Procesos oncolóxicos.
§         Períodos de recuperación ou postoperatorios e recaída dos mesmos.

4.- Cando haxa dúbidas  en situacións distintas as enumeradas nos apartados anteriores  serán resoltos por acordo e a través dunha comisión que se constituirá ó efecto e que aplicará o regulamento que se aprobe, formada por un membro de cada sindicato con representación no concello os/as Presidentes/as da Xunta de Persoal e Comité de Empresa, os asesores que se consideren oportunos para a toma de decisións e o Alcalde ou concelleiro en quen delegue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario