martes, 4 de septiembre de 2012

BOLETINES 04/09/2012

BOE
04/09/2012
BOP
04/09/2012
CONCELLO DE CALDAS DE REIS A N U N C I O
Aprobado inicialmente polo pleno da Corporación na súa sesión extraordinaria de data 24 de agosto de 2012 o Orzamento municipal correspondente ao exercicio económico 2012 e o cadro de persoal para o devandito exercicio, de conformidade co establecido no artigo 169.1 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría deste Concello, por prazo de quince días hábiles, que empezarán a contarse dende o seguinte á inserción do presente Anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, e que deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.

CONCELLO DE A CAÑIZA E D I C T O
Aprobación definitiva do orzamento do Concello para o exercicio 2012, así como do cadro de persoal
O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 30 de xullo do 2012, aprobou inicialmente o Orzamento Xeral do Concello de A Cañiza, así como o correspondente cadro de persoal.
Consonte o disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o documento foi exposto o público, previo anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP 151 de 7 de agosto), durante o prazo de 15 días, os efectos de que os interesados puideran examinalo e presentar as reclamacións que se considerasen oportunas.Unha vez transcorrido dito prazo, e a vista de que non se presentaron alegacións, o orzamento considerase definitivamente aprobado.
De conformidade co disposto nos artigos 169.3 e 169.5 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que seaproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, en concordancia co artigo 20.3 e 20.5 do R.D. 500/1990, do 20 de abril, faise público o resumo por capítulos dos créditos dos estados de ingresos e gastos do Orzamento Xeral deste Concello para o exercicio 2012.
DOG
04/09/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario