jueves, 28 de junio de 2012

BOLETINES 28/06/2012


BOE
28/06/2012  

BOP
28/06/2012
CONCELLO DE CAMPO LAMEIROA N U N C I O
Aprobado inicialmente en sesión ordinaria do pleno deste Concello, de data dezaoito de xuño de 2012, o Orzamento Xeral, bases de Execución, e o cadro de persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico 2012, de acordo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de facendas locais aprobado por Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non son presentadas reclamacións.
En Campo lameiro, a 19 de xuño de 2012.—O Alcalde, Julio G. Sayáns bugallo.
DOG
28/06/2012

 CONCELLO DE VIGO
ANUNCIO polo que se fan públicas as bases para a selección de persoal funcionario na Xerencia Municipal de Urbanismo (oferta 2010/2011).
Con datas do 15 de maio e 19 de xuño de 2012 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (números 93 e 117 de 2012, respectivamente) as bases xerais e específicas para a selección do persoal funcionario incluído na oferta de emprego público para os anos 2010 e 2011, na cal se prevé a cobertura das seguintes prazas:
– Unha de arquitecto (libre).
– Unha de técnico de administración xeral (libre).
– Unha de enxeñeiro técnico de obras públicas (libre).
– Unha de enxeñeiro técnico industrial (promoción interna).
– Oito de administrativo (promoción interna).
– Dúas de inspectores de urbanismo (promoción interna).
– Unha de oficial de oficios (promoción interna).
A convocatoria das probas selectivas realizarase mediante a inserción dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 22 de xuño de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario