jueves, 29 de marzo de 2012

BOE 29/03/2012

CSIF      LOCAL      INFORMA   

BOE

29/03/2012

BOP

29/03/2012

CONCELLO DE PONTEAREAS A N U N C I O

PRIMEIRA—OBXECTO DA CONVOCATORIA.

Aprobadas as bases xerais por Xunta de Goberno en data 01/03/2010 ( B.O.P nº 67 de 12 de abril de 2010 ) cuxo obxecto e cubrir postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral fixo incluídas na Oferta de Emprego Público do ano 2008 (B.O.P. número 250, de 29 de decembro de 2008) no marco do proceso de consolidación de emprego temporal do persoal do concello de Ponteareas mediante concurso - oposición ao abeiro do establecido no artigo 61.7 e na Disposición Transitoria carta da Lei 7/2007, de 12 de abril polo que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Público e do artigo 249.1 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, e os efectos de convocar de forma progresiva os diferentes procesos selectivos, e polo que procédese a convocar as prazas que a continuación se relacionan:

DOG

29/03/2012

CONCELLO de Lugo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de arquitecto/a e dunha praza de arquitecto/a técnico/a para o Concello de Lugo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

Estas bases xerais foron modificadas por acordo da Xunta de Goberno local e publicada esta modificación no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 4 de marzo de 2009.

No Boletín Oficial de provincia de Lugo número 52, do 3 de marzo de 2012, publicáronse resolucións das bases específicas e convocatorias que rexerán xunto coas anteriores bases xerais, os seguintes procedementos selectivos:

Persoal funcionario (quenda libre):

– Resolución 12001079: 1 praza de arquitecto/a técnico/a encadrada na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: media; grupo de titulación A, subgrupo A2. Sistema selectivo: oposición.

– Resolución 12001080: 1 praza de arquitecto/a encadrada na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A, subgrupo A1. Sistema selectivo: oposición.

Lugo, 5 de marzo de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario