miércoles, 27 de abril de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 27/04/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
27/04/2016
CONCELLO DE   VIGO
BASES REITORAS E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA FORMACIÓN BOLSA OFICIAIS SEPULTUREIROS/AS
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria do 1 de abril de 2016, adoptou o seguinte acordo, aprobando as bases reitoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos como Oficiais Sepultureiros/as:
“Primeiro.—Dar aprobación ás bases específicas reitoras do proceso selectivo para a formación dunha Bolsa de Emprego de Oficiais Sepultureiros/as, e que forman parte inseparable do presente acordo, ordenando a súa urxente publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016
Con data 8 de abril de 2016, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, adoptou o seguinte acordo:
" PRIMEIRO.—Aproba-la oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2016, integrada polas seguintes 58 prazas vacantes:
a) Persoal funcionario ( 41 prazas, trinta e unha delas pola quenda libre)
Nº Vacantes
Denominación
Grupo
Escala
Subescala
Clase
Tanda Acceso
2
Técnico/a Administración Xeral rama xurídica
A1
Admón. Xeral
Técnica
Superior
1 Libre e 1 promoción interna
1
Administrativo/a Administración Xeral
C1
Admón. Xeral
Administrativa
————-
Libre
6
Auxiliar Administración Xeral
C2
Admón. Xeral
Auxiliar
—————
4 Libre e 2 promoción interna
1
Subalterno/a
E
Admón. Xeral
Subalterna
—————
Libre
1
Enxeñeiro/a de Camiños
A1
Admón. Especial
Técnica
Superior
Libre
1
Enxeñeiro/a Industrial
A1
Admón. Especial
Técnica
Superior
Libre
1
Arquitecto/a Técnico/a Aparellador/a
A2
Admón. Especial
Técnica
Media
Libre
8
Diplomado/a Traballo Social
A2
Admón. Especial
Técnica
Media
Libre
1
Técnico/a Medio Igualdade
A2
Admón. Especial
Servizos Especiais
Cometidos Especiais.
Libre
1
Técnico/a Xestión
A2
Admón. Especial
Servizos Especiais
Cometidos Especiais.
Promoción Interna
1
Técnico/a Relaciones Laborais
A2
Admón. Especial
Servizos Especiais
Cometidos Especiais.
Promoción Interna
1
Técnico/a Medio/a Sistemas
A2
Admón. Especial
Servizos Especiais
Cometidos Especiais.
Promoción Interna
1
Programador/a Informática
C1
Admón. Especial
Servizos Especiais
Cometidos Especiais.
Libre
2
Inspector/a Principal Policía Local
A2
Admón. Especial
Servizos Especiais
Policía Local
Promoción Interna
1
Sarxento Extinción Incendios
C1
Admón. Especial
Servizos Especiais
Extinción Incendios
Promoción Interna
1
Cabo Extinción Incendios
C2
Admón. Especial
Servizos Especiais
Extinción Incendios
Promoción Interna
4
Bombeiro/a
C2
Admón. Especial
Servizos Especiais
Extinción Incendios
Libre
7
Policía Local
C1
Admón. Especial
Servizos Especiais
Policía Local
Libre
b) Persoal laboral : 17 prazas (1 Capataz pola quenda de promoción interna, 13 de oficiais de oficios do grupo C2 de titulación (unha delas pola quenda libre- oficial condutor) e, 3 de Axudante de Oficios do Grupo Transitorio E (unha delas pola quenda libre e dúas por promoción interna.
SEGUNDO.—De conformidade co disposto no artigo 59 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) resérvanse un total de 5 prazas (7% das 58 prazas ofertadas (33 correspondentes a quenda libre e 25 reservadas por promoción interna), para persoas con discapacidade, dúas delas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e as tres restantes para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.
— Dúas prazas de Auxiliar de Administración Xeral, unha das ofertadas pola quenda libre e outra da quenda de promoción interna.
— Dúas prazas de Oficial de oficios, da quenda de promoción interna, unha delas reservarase para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
— Unha praza de Axudante de oficios, da quenda de promoción interna, reservada para persoas con discapacidade intelectual.”

CONCELLO DE  A GUARDA
BASES DE CONTRATACIÓN DE DOUS AUXILARES DA POLICÍA LOCAL
PRIMEIRO.—O obxecto das presentes bases é proceder á selección de dous/duas traballadores/as para a súa contratación laboral temporal por obra ou servizo polo Concello da Guarda, en concreto, para a realización de funcións de auxiliar de Policía Local, que son de apoio e de auxilio ós membros do corpo de Policía Local no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade.
SEGUNDO.—O contrato terá unha duración de seis meses a xornada completa e en horario de luns a domingo.Retribucións: 1.135,30 euros brutos mensuais, incluida a prorrata da paga extra.

CONCELLO DE   VALGA
RETRIBUCIÓNS DOS CARGOS CON DEDICACIÓN EXCLUSIVA E PARCIAL ASÍ COMO INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIA A ÓRGANOS DE GOBERNO E COMPLEMENTARIOS
De conformidade co sinalado no artigo 75 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, en concordancia co disposto polos artigos 35 e 119 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Réxime xurídico, Organización e Funcionamento das Entidades locais, procédese á publicación no Boletín Oficial da Provincia do referente ás retribucións dos cargos con dedicación exclusiva e parcial e réxime de dedicación destes últimos no seu caso, indemnizacións e asistencias.
1.—Retribucións a Concelleiros con dedicación exclusiva
De conformidade co establecido no artigo 75 bis da Lei 7/85, na redacción dada ó mesmo pola Lei 27/2013 de racionalización e sustentabilidade da Administración local, os membros electivos do Concello de Valga, percibirán as retribucións determinadas nos acordos plenarios de 13 de xullo de 2015 e 4 de decembro de 2015 co seguinte detalle:
— Segundo Tenente de Alcalde.- 1.232,56 euros netos/mes por catorce pagas
— Concelleira de Formación, Educación, Emprego e Industria.- 1.000,00 euros netos/mes por catorce pagas.
— Concelleira de Sanidade, Benestar social e Igualdade.- 1.000,00 euros netos/mes por catorce pagas.
2.—Indemnizacións por Asistencias a órganos colexiados, necesarios e complementarios, da Corporación
As contías son as adoptadas no acordo plenario de 4 de decembro de 2015, co seguinte detalle:
Órganos necesarios
a) Por asistencia a sesións da Xunta de Goberno Local: indemnizarase a razón de 60 €/sesión
b) Por asistencia a sesións do Pleno: indemnizarase a razón de 50 €/sesión.
Órganos complementarios
a) Por asistencia a sesións da Comisión informativa: indemnizarase a razón de 30 €/sesión.
b) Por asistencia a sesións da Comisión de Coordinación: indemnizarase a razón de 60 €/sesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario