Páginas

miércoles, 31 de agosto de 2016

BOLETINES 31/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
31/08/2016
CONCELLO DE  VALGA
RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL
RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO/A DE ORIENTACIÓN LABORAL
“RESOLUCIÓN DO ALCALDE POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADOPARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL”
Publicadas no BOP número 154, do venres 12 de agosto de 2016, as bases que regulan a convocatoria para a contratación laboral temporal dun posto de Técnico de Orientación Laboral, realizados os trámites pertinentes para a formación dos Tribunais Cualificadores e finalizado o período establecido nas mesmas para a presentación de instancias (do día 13/08/2016 ao día 19/08/2016, ambos inclusive), o Alcalde, de conformidade coas bases aprobadas,
RESOLVE
Primeiro.—LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS:

BOE                             Descripción: boe    
31/08/2016
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL Política de empleo
Resolución de 22 de agosto de 2016, de la Secretaría de Estado de Empleo, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 5 de agosto de 2016, por el que se aprueba el Plan Anual de Política de Empleo para 2016, según lo establecido en el artículo 11.2 del texto refundido de la Ley de Empleo, aprobado por el Real Decreto Legislativo 3/2015, de 23 de octubre. PDF (BOE-A-2016-8107 - 99 págs. - 1.636 KB)  Otros formatos

DOG                              Descripción: dog
31/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA 31/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
31/08/2016
CONCELLO DE  VALGA
RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL
RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO/A DE ORIENTACIÓN LABORAL
“RESOLUCIÓN DO ALCALDE POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADOPARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE DE TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL”
Publicadas no BOP número 154, do venres 12 de agosto de 2016, as bases que regulan a convocatoria para a contratación laboral temporal dun posto de Técnico de Orientación Laboral, realizados os trámites pertinentes para a formación dos Tribunais Cualificadores e finalizado o período establecido nas mesmas para a presentación de instancias (do día 13/08/2016 ao día 19/08/2016, ambos inclusive), o Alcalde, de conformidade coas bases aprobadas,
RESOLVE
Primeiro.—LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS:

Proposta de acordo entre os sindicatos e a Xunta sobre os Bombeiros Forestais e a súa segunda actividade

Proposta de acordo entre os sindicatos e a Xunta sobre os Bombeiros Forestais e a súa segunda actividade
30 de Agosto de 2016

PROPOSTA DE ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS ………………. SOBRE OS BOMBEIROS FORESTAIS E A SÚA SEGUNDA ACTIVIDADE
Un dos piares fundamentais na prevención, defensa e extinción dos incendios forestais son os empregados públicos que desenvolven as súas funcións dentro dos operativos xestionados pola consellería competente nesta materia. O grao de profesionalidade acadado por eles ao longo da historia da Comunidade Autónoma Galega son exemplo de bo facer no conxunto do Estado.
No punto 3 do Anexo do V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta da Galicia denominado: “Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia” establécese:
“3.18. Compromiso de cambio de denominación das categorías profesionais do SPDCIF, peón, peón -condutor, xefe/a de brigada, condutor de motobomba e vixilante móbil a bombeiros forestais.
3.10. Xubilación. 1. Todo o persoal laboral dedicado á extinción de incendios, unha vez cumpridos os 60 anos, poderá pasar voluntariamente a unha segunda actividade, desligada da extinción directa, que desenvolverá no mesmo ámbito territorial en que viña desempeñando o seu posto”.
Mantidas diversas xuntanzas cos representantes dos traballadores estes manifestan o interese do colectivo no cumprimento do compromiso recollido no convenio colectivo sobre o cambio de denominación de categorías.
Este cambio de denominación afecta a un colectivo duns 1.400 traballadores. Neste colectivo inclúese o pertencente á categoría de oficial de defensa contra incendios forestais, xa que tamén prestan os seus servizos nas brigadas e as súas actuacións están ligadas directamente a actividades tanto de prevención como de extinción.
Coa sinatura do Acordo do 27 de marzo de 2013 para o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda do persoal laboral do Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, favoreceuse a xubilación do persoal do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios que tendo 61 anos cumpridos reúna os requisitos determinados no propio acordo. Na súa virtude, neste momento, 42 empregados do SPDCIF teñen accedido á xubilación parcial.
Co fin de seguir avanzando na mellora das condicións de traballo do persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, e tomando en consideración as súas singularidades, as partes acordan establecer por primeira vez no ámbito da administración xeral da Comunidade Autónoma as bases para o desenvolvemento da segunda actividade deste colectivo profesional.
Deste xeito o acordo dá solución ás consecuencias do envellecemento deste colectivo sen renunciar á súa experiencia profesional.
Unha vez negociado o presente acordo e no seo da Comisión de Persoal da Xunta de Galicia do…………………., a administración e as organizacións sindicais ………………………,
ACORDAN a inclusión do termo “bombeiro/a forestal” na denominación de varias categorías do persoal de prevención e extinción de incendios forestais e o establecemento da segunda actividade do persoal de prevención e extinción de incendios forestais da Consellería do Medio Rural segundo o que a seguir se establece:
I.- BOMBEIRO FORESTAL
Primeiro.-Modificase o anexo de categorías do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia engadindo á denominación das categorías: peón, peón -condutor, xefe/a de brigada, condutor de motobomba e oficial forestal de defensa contra incendios forestais vinculadas a prevención e extinción de incendios forestais o termo “bombeiro/a forestal” de forma que o nome das categorías sinaladas muda para quedar do seguinte xeito:
V.14. Bombeiro/a forestal.
V.14.a. Bombeiro/a forestal condutor/a.
III.100. Bombeiro/a forestal Xefe/a de brigada.
IV.33. Bombeiro/a forestal Condutor/a de motobomba.
IV.41. Bombeiro/a forestal Oficial de defensa contra incendios forestais.
Segundo.-A modificación da denominación das categorías non comportará, en ningún caso modificación das súas funcións actuais (especialmente tanto as de prevención de incendios forestais como outras de carácter forestal). O cambio de denominación tampouco suporá modificación das súas retribucións nin reclasificación de grupo profesional.
Terceiro.-O cambio de denominación non orixinará incremento de gasto para a Xunta de Galicia.
Cuarto.-A Consellería de Facenda a través da Dirección Xeral da Función Pública promoverá tanto a modificación do Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia para adaptalo ao presente acordo como a modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería do Medio Rural para o cambio de denominación das categorías afectadas. Así mesmo as partes autorizan a que esa dirección xeral realice os trámites oportunos ante a autoridade laboral conducentes ao rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do presente documento.
Quinto.-No que se refire ao réxime de cotizacións á seguridade social estarase ao que dispoña a normativa Estatal.
II.- SEGUNDA ACTIVIDADE
Conscientes, tanto a administración como as organizacións sindicais, dos riscos laborais deste colectivo que se acentúan coa maior idade dos seus integrantes e co fin de posibilitar o pase á segunda actividade acórdanse as bases da mesma:
O pase á segunda actividade realizarase progresivamente e estenderase á totalidade do ano como máximo no ano 2018.
Primeiro.-Segunda actividade.
A segunda actividade consistirá na realización de tarefas preventivas e/ou de apoio loxístico ao SPDCIF sen que isto comporte unha vinculación directa ás labores de extinción de incendios.
A segunda actividade será en todo caso voluntaria.
Segundo.-Requisitos.
Poderán pasar a segunda actividade os empregados que pertenzan a algunha das categorías relacionadas no punto primeiro do apartado anterior deste acordo sempre que concorran os requisitos que a seguir se indican:
  1. Ter cumpridos 60 anos de idade.
  2. Non estar acollidos á xubilación parcial.
  3. Formular solicitude expresa nos termos previstos no procedemento que se estableza en desenvolvemento do presente acordo que se concretará e negociará coas organizacións sindicais.
Terceiro.- Contratación de persoal laboral.
As contratacións de persoal substituto que sexan necesarias para dar apoio ao operativo do SPDCIF a causa do pase á segunda actividade dos titulares dos postos de traballo realizaranse a través das listas de contratación temporal da Xunta de Galicia.
Cuarto.-Procedemento para a adxudicación do posto para a segunda actividade.
A Administración comprométese a elaborar un procedemento para o paso á segunda actividade do persoal maior de 60 anos ligado á extinción directa de incendios forestais en postos de traballo sen esa vinculación directa. Dito procedemento elaborarase, para o ano 2016, no prazo dun mes dende a sinatura do presente acordo e será negociado coas organizacións sindicais asinantes.
III.- DISPOSICIÓNS COMÚNS
Primeira.- Funcionarización.
A administración iniciará os tramites para á funcionarización do persoal de todas as categorías de prevención e extinción de incendios forestais comezando no ano 2017 coas categorías profesionais que se acorde coas organizacións sindicais.
Na lei de creación das escalas deste persoal establecerase a denominación da mesma así como a de cada unha das súas especialidades e funcións, e regularase a singularidade do persoal fixo-discontinuo. As categorías funcionariais resultantes non incluirán á expresión “Peón”.
Segunda.- Redución da taxa de temporalidade.
Co obxecto de reducir a excesiva taxa de temporalidade que existe actualmente no Servizo de Prevención de Defensa Contra Incendios Forestais, as partes acordan incluír nas ofertas de emprego público correspondentes nos ano 2017, 2018, 2019 e 2020 prazas do persoal de SPDCIF co fin de completar a convocatoria das vacantes existentes neste servizo con suxeción ao disposto na normativa básica do Estado e de maneira compatible e coordinada cos procesos de funcionarización previstos na disposición primeira deste apartado.
A Administración comprométese que nas ofertas de emprego público dependentes da Consellería de Facenda, ofertaranse un mínimo do 20% das prazas nos anos 2017, 2018, 2019 e 2020 para o persoal do SPDCIF.
Terceira.- Comisión de seguimento do acordo.
Constituirase unha comisión de seguimento do acordo integrada polas Organizacións Sindicais asinantes deste acordo, as consellerías de Facenda e do Medio Rural. Presidirá o director xeral da Función Pública ou o empregado público no que este delegue. Esta comisión tratará de tódalas cuestións derivadas da aplicación deste acordo, e en particular, tratarase do procedemento para a funcionarización dos postos fixos-discontinuos, así como que categorías serán obxecto de inclusión nas OPEs dos anos 2017, 2018 e 2019.

Informarase semestralmente das incidencias acontecidas na tramitación do pase á segunda actividade.

BOLETINES 30/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
30/08/2016
CONCELLO DE  CRECENTE
APROBACIÓN CONTA XERAL 2015 EDICTO
Conta xeral – 2015
Unha vez formulada e rendida a conta xeral correspondente ó exercicio de 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ó público, cos documentos que a xustifican, na secretaría desta entidade polo espazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, co obxecto de que as persoas interesadas lexítimas poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante o dito prazo de exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e do 212 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Crecente, 23 de agosto de 2016.—A Alcaldesa en funcións, Marisol Gómez Domínguez.

CONCELLO DE  PONTEAREAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PLANTILLA POR XUBILACIÓN ANUNCIO
Visto o anuncio publicado no BOP do 14 de xuño de 2016 (nº 113), sobre a aprobación inicial da modificación da plantilla de persoal consistente na amortización das prazas vacantes por xubilación de funcionarios e persoal laboral, e tendo en conta que non se produciron alegacións ou reclamacións contra a citada modificación durante o prazo concedido, considerase aprobada definitivamente dita modificación:
719.png
Ponteareas, 18 de agosto de 2016.—A Alcaldesa en funcións, Mª Jesús Garrote Represas.


BOE                             Descripción: boe    
30/08/2016

DOG                              Descripción: dog
30/08/2016
CONCELLO DE MOAÑA
ANUNCIO das bases da convocatoria para cubrir prazas de persoal funcionario incluídas na oferta de emprego público do ano 2016.
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 11 de xullo de 2016, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Moaña, incluídas na oferta de emprego público do ano 2016, mediante o sistema de concurso-oposición por promoción interna.
O período de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org). Moaña, 15 de xullo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 30/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
30/08/2016
CONCELLO DE  CRECENTE
APROBACIÓN CONTA XERAL 2015 EDICTO
Conta xeral – 2015
Unha vez formulada e rendida a conta xeral correspondente ó exercicio de 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ó público, cos documentos que a xustifican, na secretaría desta entidade polo espazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, co obxecto de que as persoas interesadas lexítimas poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante o dito prazo de exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e do 212 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Crecente, 23 de agosto de 2016.—A Alcaldesa en funcións, Marisol Gómez Domínguez.

CONCELLO DE  PONTEAREAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PLANTILLA POR XUBILACIÓN ANUNCIO
Visto o anuncio publicado no BOP do 14 de xuño de 2016 (nº 113), sobre a aprobación inicial da modificación da plantilla de persoal consistente na amortización das prazas vacantes por xubilación de funcionarios e persoal laboral, e tendo en conta que non se produciron alegacións ou reclamacións contra a citada modificación durante o prazo concedido, considerase aprobada definitivamente dita modificación:
719.png
Ponteareas, 18 de agosto de 2016.—A Alcaldesa en funcións, Mª Jesús Garrote Represas.

lunes, 29 de agosto de 2016

BOLETINES 29/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
29/08/2016
CONCELLO DE  O GROVE
PRÓRROGA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA BOLSAS DE EMPREGO. BOLSAS DE EMPREGO DO CONCELLO DO GROVE PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL.
AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES
Acordo da Xunta de Goberno Local do 17 de agosto de 2016:
“Por acordo da Xunta de Goberno Local do 18 de xullo de 2016 aprobouse a creación de dúas bolsas de emprego, unha de carácter xeral e outra máis específica para a Festa do Marisco, cun prazo de presentación de instancias de 15 días hábiles, dende a publicación das Bases reguladoras dos procedementos de selección do persoal no BOP de Pontevedra, que tivo lugar o 2 de agosto de 2016.
Considerando que a partir do vindeiro 31 de agosto remata un gran número de contratos temporais e moitos destes novos traballadores desempregados poden ter interese en ser incluídos nas citadas bolsas de emprego.
A Xunta de Goberno Local acorda por unanimidade:
Prorrogar ata o 15 de setembro de 2016, o prazo de presentación de instancias para tomar parte nas bolsas de emprego do Concello do Grove, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 18/07/2016, cuxas bases foron publicadas no BO da Provincia de Pontevedra do 2/08/2016, admitíndose como presentadas dentro de prazo tódalas solicitudes comprendidas entre o 3 de agosto e o 15 de setembro de 2016”. O Grove 18 de agosto de 2016.—O alcalde, José A. Cacabelos Rico.

BOE                             Descripción: boe    
29/08/2016
MINISTERIO DE JUSTICIA Funcionarios de los Subgrupos A1, A2, C1 y C2
Orden JUS/1408/2016, de 23 de agosto, por la que se convoca concurso específico para la provisión de puestos de trabajo. PDF (BOE-A-2016-8078 - 24 págs. - 588 KB)  Otros formatos

27/08/2016
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA Elecciones. Servicio postal universal
Orden PRE/1407/2016, de 26 de agosto, por la se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 26 de agosto de 2016, por el que se establecen obligaciones de servicio público al prestador del servicio postal universal en las elecciones al Parlamento Vasco y al Parlamento de Galicia. PDF (BOE-A-2016-8054 - 6 págs. - 192 KB)  Otros formatos

DOG                              Descripción: dog
29/08/2016
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 27 de abril de 2016 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (Diario Oficial de Galicia número 88, do 10 de maio). 38168 Descargar PDF

BOPPO PONTEVEDRA 29/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
29/08/2016
CONCELLO DE  O GROVE
PRÓRROGA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA BOLSAS DE EMPREGO. BOLSAS DE EMPREGO DO CONCELLO DO GROVE PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL.
AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES
Acordo da Xunta de Goberno Local do 17 de agosto de 2016:
“Por acordo da Xunta de Goberno Local do 18 de xullo de 2016 aprobouse a creación de dúas bolsas de emprego, unha de carácter xeral e outra máis específica para a Festa do Marisco, cun prazo de presentación de instancias de 15 días hábiles, dende a publicación das Bases reguladoras dos procedementos de selección do persoal no BOP de Pontevedra, que tivo lugar o 2 de agosto de 2016.
Considerando que a partir do vindeiro 31 de agosto remata un gran número de contratos temporais e moitos destes novos traballadores desempregados poden ter interese en ser incluídos nas citadas bolsas de emprego.
A Xunta de Goberno Local acorda por unanimidade:
Prorrogar ata o 15 de setembro de 2016, o prazo de presentación de instancias para tomar parte nas bolsas de emprego do Concello do Grove, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 18/07/2016, cuxas bases foron publicadas no BO da Provincia de Pontevedra do 2/08/2016, admitíndose como presentadas dentro de prazo tódalas solicitudes comprendidas entre o 3 de agosto e o 15 de setembro de 2016”. O Grove 18 de agosto de 2016.—O alcalde, José A. Cacabelos Rico.

viernes, 26 de agosto de 2016

BOLETINES 26/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
26/08/2016
CONCELLO DE  O GROVE
APROBACIÓN PLANTILLA DE PERSOAL 2016 EDICTO
Aprobado definitivamente o cadro de persoal funcionario e laboral para o exercicio 2016 e de acordó co disposto nos art. 90.1 da lei 7/1985 de 2 de abril e 126.1 do RDL 781/1986 de 18 de abril insértase o mesmo có seguinte detalle
1-PERSOAL FUNCIONARIO
Descripción: 681.png
2-PERSOAL LABORAL
Descripción: 725.png

O Grove, 2 de agosto de 2016.—O Alcalde, José Antonio Cacabelos Rico.


BOE                             Descripción: boe    
26/08/2016

DOG                              Descripción: dog
26/08/2016
Academia Galega de Seguridade Pública

BOLETINES 25/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
25/08/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE TÉCNICA OU TÉCNICO ESPECIALISTA EN EDUCACIÓN DIURNA OU NOCTURNA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado delegado en materia de Persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, ditou a seguinte
RESOLUCIÓN:
“De conformidade co disposto na base V da convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 147, de 3 de agosto de 2016, destinada a constituír unha bolsa de emprego para a cobertura temporal de diferentes postos de traballo segundo as necesidades que deriven do funcionamento dos distintos Centros e Servizos da Deputación Provincial, RESOLVO aprobar a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos no proceso de selección do posto de técnica ou técnico especialista en Educación diurna ou nocturna que figura como anexo I desta resolución. Na mesma se determinan as causas de exclusión.
Esta Resolución publicarase no BOPPO, no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial e na páxina web da Deputación.
Tanto os aspirantes excluídos coma os omitidos, por non figuraren nas relacións de admitidos, disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOPPO, para poder emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.
Despois de concluído este prazo ditarase unha resolución definitiva coa relación de admitidos, a composición do tribunal de selección e a data da súa constitución, que se publicará no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial e na web da Deputación.

CONCELLO DE VILA DE CRUCES
CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO MEDIO EN URBANISMO EN RÉXIME DE FUNCIONARIO INTERINO
Mediante resolución da Alcaldía nº 2016-0297 de 11/08/2016 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria para a selección dun técnico medio en urbanismo en réxime de funcionario interino e convocouse o correspondente proceso selectivo a través do sistema de oposición libre.
O texto íntegro da bases reguladoras da convocatoria pódese consultar no taboleiro de Edictos do Concello, no Taboleiro de Edictos Electrónico da Sede Electrónica do Concello (http://viladecruces.sedelectronica.es/ ) e na páxina web do Concello (www. viladecruces.es)
De acordo co disposto na base nº 4, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais dende a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.


BOE                             Descripción: boe    
25/08/2016

DOG                              Descripción: dog
25/08/2016
Escola Galega de Administración Pública



FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE
ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal temporal.
A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca o proceso selectivo REF.PER.-2016/03 para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a un proxecto de I+D+i.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia; avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. San Cibrao das Viñas, 1 de agosto de 2016