BOPPO
PONTEVEDRA 
30/11/2015
DEPUTACIÓN PROVINCIAL EXPOSICIÓN
PÚBLICA APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2016
O
Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día
27 de novembro de 2015, acordou a aprobación inicial do orzamento xeral da
Deputación para o exercicio de 2016, que comprende: —— O orzamento da
Deputación, por importe de 151.968.300 euros.
—— O
orzamento da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, por importe de
497.637 euros.
—— O orzamento xeral consolidado, por
importe de 152.096.300 €, tanto en ingresos como en gastos.
——
As bases de execución do orzamento xeral da Deputación, e as específicas da
Fundación da Escola Universitaria de Enfermería.
—— Os
cadros de funcionarios, as relacións de postos de traballo e os cadros do
persoal laboral e eventual da Deputación e da Fundación da Escola
Universitaria de Enfermería.
—— O
Anexo de investimentos para o exercicio 2016.
—— O
plan (marco) presupostario a medio prazo 2016-2019.
—— O límite do gasto non financieiro para o
período 2016-2019
Ditos
orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 112 da Lei 7/85, de 2 de
abril, e o artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo
que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedan
expostos ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince
días, no Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. O que se fai
público para xeral coñecemento e efectos.
CONCELLO DE POIO
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO EXERCICIO 2016
Aprobado inicialmente
polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 24 de novembro
de 2015, o Orzamento deste Concello para o exercicio económico de 2016, que
contén a documentación sinalada nos artigos 162 a 193 do Texto Refundido da
Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada polo Real Decreto Lei 2/2004, de
5 de marzo, e en cumprimento do disposto no artigo 169.1 de dito Texto
Refundido, exponse ao público polo prazo de quince dias hábiles, para que
durante o citado prazo, poidan formularse as reclamacións e suxestións que
consideren oportunas ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente
aprobado se durante o citado prazo non se presentan reclamacións; en caso
contrario o Pleno disporá dun prazo de un mes para resolvelas.
CONCELLO DE RODEIRO
APROBACIÓN
INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO DE 2015
Aprobado inicialmente
polo Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 24 de
novembro de 2015, o orzamento xeral para o exercicio económico de 2015, a
plantilla de persoal e a relación de postos de traballo para o devandito
exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto
Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo o que se aproba o texto refundido da
Lei reguladora das Facendas Locais, e disposicións concordantes, exponse ao
público na Secretaría do Concello polo prazo de quince días hábiles – que
empezará a contarse dende o seguinte ao da inserción do presente edicto no
Boletín Oficial da Provincia – a fin de que durante o mesmo poidan formularse
as reclamacións que sexan pertinentes, dirixidas ao Sr. alcalde-presidente do
Concello.
|